Skip to main content

Obrador de Galipizza

O noso obrador é a esencia de Galipizza, onde elaboramos os sabores que nos distinguen. No noso obrador/cociña preparamos con paixón cada día unha ampla variedade de produtos que son a alma da nosa carta. Desde o pan tenro das nosas deliciosas hamburguesas ata a masa fresca que dá vida ás nosas emblemáticas Galipizzas, pasando polas nosas sobremesas e calquera outro produto ou receita que poida satisfacer os desexos dos nosos clientes.

Cada receita é unha obra mestra en proceso, onde se fusionan os auténticos sabores que renden homenaxe á tradición galega xunto á máis creativa innovación gastronómica. Traballamos para ofrecer o mellor en cada bocado grazas á frescura dos produtos e a autenticidade dos nosos sabores.